A plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas
QUE É GaliciaLe?
GaliciaLe é a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas que ten por obxectivo facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura.
GaliciaLe proporciona un servizo de préstamo temporal de obras en formato dixital de temáticas diversas no que os intereses de todas as persoas lectoras terán o seu espazo (ficción, informática, historia, ocio etc.) e todas as idades o seu lugar.
En GaliciaLe o lector atopará dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.
Se xa es socio/a dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, soamente precisas introducir o usuario e contrasinal que che facilitaron na túa biblioteca.
QUE PRECISAS PARA SER USUARIO/A DE GaliciaLe?
Para poder acceder a GaliciaLe cómpre:
Ser usuario/a con carné dunha das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. En caso de que non dispoñas del, podes dirixirte á biblioteca pública máis próxima que forme parte desta Rede e solicitar o teu carné.
Ter un dispositivo compatible (tableta, ordenador persoal, lector de libro electrónico, teléfono móbil etc.) e unha conta de correo electrónico.
COMO LER UN LIBRO?
LECTURA EN LIÑA
Comproba que dispós de conexión mediante wifi, datos móbiles etc. para iniciar a lectura.
LECTURA MEDIANTE DESCARGA
Antes de descargar un libro electrónico, comproba que:
Dispós dunha conta Adobe ID.
Tés instalada no teu equipo a aplicación Adobe Digital Editions en caso de que o teu dispositivo sexa compatible. En caso de que non o sexa, podes recurrir a algún dos programas que atoparás no titorial. Para saber se o teu dispositivo é compatible, podes consultar esta listaxe.
COMO VER UNHA PELÍCULA?
As películas poden visionarse en liña. Para iso, é preciso que antes comprobes se dispós de conexión mediante wifi, datos móbiles etc. para iniciar o visionado.
Poderás tomar en préstamo ata un máximo dunha película no catálogo galego e estará á túa disposición durante un prazo de 48 horas. Se a película ou películas que buscas están prestadas, poderás solicitalas en reserva (ata un máximo dunha)

No hay comentarios:
Publicar un comentario